Amelia Blanco: ''Estamos os de sempre, se non entra sangue nova isto acabará morrendo''
21/02/2014 - Rubén de Rosende / El Progreso (Ribadeo)
Ribadeo xa se atopa ás portas do
Entroido e, detrás dun dos puntos de referencia na Mariña nestas datas,
está esta muller, que rematou mudando a súa dimisión do comité
organizador pola presidencia.
Como é que chegou a ser presidenta da comisión do Entroido?
O certo é que eu xa formara parte da comisión, pero precisamente o ano pasado dimitín. O que pasa é que o Concello presionounos para que Ribadeo non se quedara sin festas, e se alguén cho pide con tanto interés pois acabas meténdote, e toucoume ser presidenta.
Non debe ser sinxelo organizar todas as festas...
Róubache moito tempo. Nós levamos xa máis dun mes traballando continuamente para preparar todo. Fomos facendo reunións cada poucos días para ir detallando o programa e tamén para saber como nos íamos financiar.
De onde saen os cartos para pagar o custo de toda a festa?
Fixemos rifas para dous sorteos, un para pasar unha fin de semana no Parador de Baiona ou no de Ribadeo, e outra para o tradicional cocho. Ademáis, sacamos un programa que ten anuncios, e o Concello tamén colabora cedéndonos varias cousas, como o camión para o desfile.
Fuente: http://elprogreso.galiciae.com
Etiquetas: Noticias

0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio