martes, 11 de febrero de 2014

 

A Federación de Comercio da Mariña entrega o premio ao gañador do concurso de logos pensando nas campañas de dinamización do comercio dos vindeiros meses

 Entrega premio Logo

Esta fin de semana fíxose entrega do premio de 300 euros ao gañador do concurso para a elección do logo da Federación de Comercio de A Mariña. O gañador, David Rivas Pena natural de Barreiros, recibiu o premio de mans do Presidente da Federación, Ramón Leivas.
Esta campaña foi a primera que puxo en marcha a Federación de Comercio de La Mariña e fueron numerosos os traballos presentados cun total de 42 creacións. O logo gañador reflexa os sinais de identidade do comercio que abarca toda a Mariña, creativo, innovador e representativo da unión de todo o comercio, que se viu materializado no mes de novembro do ano pasado.
En palabras do ganador: “Pártese da idea da bolsa como icono referente ao mundo das compras, e amósase coma un todo formado por varias partes, que representarían as distintas ACIAS da Mariña; ademáis o movemento envolvente que xenera a bolsa reflicte o proceso de evolución constante ao que se ve sometido o comercio para satisfacer as esixencias do cliente de hoxendía. Escóllese a cor azul por ser A Mariña unha comarca que vive cara o mar. É óptase polas siglas para non facer unha marca excesivamente longa e desproporcionada, e preséntanse en azul as letras “AM” como iniciais da comarca”.
O premio consiste en 300 euros en vales de compra para gastar en calquera comercio asociado ás ACIAS que forman a Federación: Ribadeo, Foz, Lourenzá, Burela, Xove, Viveiro e O Vicedo.
A Federación xa está traballando nas súas vindeiras actividades, como é a creación da súa páxina web, e varias campañas de dinamización comercial que arrancarán nos próximos meses.

Fuente: http://www.cronica3.com

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio