jueves, 13 de febrero de 2014

Emerxencias activa a alerta laranxa por temporal para este xoves na costa mariñá 

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia informa de que para a xornada deste xoves queda activado o nivel de alerta laranxa por temporal na costa das provincias da Coruña e de Lugo. Segundo as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o temporal comezará ás 00.00 horas no noroeste da Coruña e a partir das 03.00 horas estenderase á Mariña de Lugo. Nestas zonas haberá mar de fondo combinada con mar de vento do oeste-noroeste con ondas que poderán acadar os 5 metros de altura. Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das dúas provincias; ás Deputacións; voluntarios de Protección Civil e clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas. Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos, e igualmente retirar calquera obxecto susceptible de caer das fiestras e balcóns. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Fuente:http://www.cronica3.com

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio