iBoda nace en Mondoñedo para revolucionar os albúms de fotos
Dous irmáns lanzan unha aplicación para crealos e compartilos na rede
Enxeñeiro informático, consultor de negocios,
empresario. Con só 31 anos, o mindoniense Manuel Méndez Bouso está
conquistando o mercado nupcial co seu iBoda Foto 2.0.
-¿Que é iBoda?
-Son unhas aplicacións para móbiles, para que as
descarguen os invitados que van a unha voda. Para eles é gratuíta,
descargan a través das plataformas actuais, como Google Play ou Apple
Store e con esas aplicacións poden compartir o contido multimedia do seu
móbil en tempo real, con unha plataforma web, en la nube, como
se di hoxendía. As fotos, que son o que máis atrae nunha voda, vannas
compartindo cun código exclusivo para cada evento, porque é algo
privado, é unha mini rede social privada e vaise creando un álbum
dixital en tempo real. Os noivos poden acceder a elas a través da
plataforma www.ibodafoto.es ou a través de calquera outro
dispositivo, como móbiles, tablets. ipad, etcétera. A vantaxe para os
noivos é que xuntan todas esas fotos que doutro xeito ían ter complicado
de reunir porque ou chas pasan os mais coñecidos, ou como digo eu,
morren co móbil.
-Con un simple teléfono
-Si. Hoxe levamos móbil a tódolos sitios,
levámolo ás vodas e sacamos foto da cerimonia, do aperitivo, do
banquete, da festa.Pero despois é pouquiña a xente que fai algo con elas
e as pasan ó ordenador, e moito menos os noivos. Deste xeito, co iBoda
poden levantarse ó día seguinte, ou irse de lúa de mel e cando chegan a
destino, con que teñan un ordenador e unha wifi ou móbil xa teñen aí
todo o seu álbum de fotos: pódenas descargar, poden solicitar
imprimilas...Hai unha plataforma de xestión desas fotos. Outra
característica que chama a atención e está gustando é que no mesmo
momento da voda pódense poñer unhas pantallas no salón ou un proxector e
todas esas fotos que están compartindo pódense ver en tempo real na
pantalla. Á xente tenlle moita graza (...) Eu digo que é como a versión
moderna das cámaras desbotables que poñían nas mesas para que a xente
sacara fotos. A maioría dos que tiñan iso en mente, cando se enteran do
noso produto, descartan a cámara e optan por ese servizo porque é moito
mellor.
-¿Como se lle ocorreu a idea do iBoda?
-Teño unha empresa Eventec, orientada á
sonorización e a animación de todo tipo de eventos, pero facemos un 90%
de vodas _este ano temos unhas cento e pico contratadas xa en xaneiro_ E
a idea xurdiu nas vodas. Eu sacaba unhas fotos e dicía qué fago agora
con elas (...) E véuseme a idea de que os invitados fixeran fotos e
pensei, iso é viable. A idea orixinal foi un produto previo desenrolado
por min, que naceu das necesidades de Eventec. Despois falei con meu
irmán, Jesús, para ver como podiamos enfocalo para darlle vida e
asociamos iBoda a iProxecta, porque viamos que se podía levar a todo o
sector das vodas, ao mercado, a través de discotecas móbiles,
fotógrafos, restaurantes, tendas de regalos. De aí que o sacamos a
través de iProxecta e detrás estamos os dous.
iboda 2.0 para Android se puede descargar desde aquí
iboda 2.0 para Android se puede descargar desde aquí
Fuente: http://www.lavozdegalicia.es
Etiquetas: Noticias

0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio