''Facemos rutas cada mes nas que participan entre 30 e 40 persoas''
José Antonio Armesto (Foto: AMA)
José Antonio Armesto, presidente de Pasada das Cabras de Burela, unha asociación que cumpre dez anos
Na ruta do sábado farán unha etapa do Camiño Primitivo. Non é a primeira vez que se animan co Xacobeo.Xa fixemos hai dous anos o francés ata Fisterra, pero a do sábado, de Bustelo de Camín á Fonsagrada, é a única que faremos este ano, porque nos animou un socio.
Tamén quedan a comer?
Si, cando é de verán apostamos por comer de bocadillo, pero agora no inverno non nos podemos arriscar, e comemos nun restaurante. Por iso, o prazo de anotarse acaba o xoves, á unha da tarde, o que se pode facer no teléfono 982.58.05.04
Fuente: http://elprogreso.galiciae.com
Etiquetas: Noticias

0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio