viernes, 14 de marzo de 2014

''Queremos dar unhas charlas prácticas para escolares nas nosas praias''


Óscar García (Foto: R.de R.)
13/03/2014 - Óscar García / El Progreso (Lugo)

Óscar García, presidente do Kitesurf Club Augas Santas e creador da iniciativa ecolóxica Coge 3
Cal será a próxima acción de Coge 3?
Participaremos nun roteiro polo camiño real da Ría do Masma. O evento comezará o próximo sábado ás nove e media da mañá no hotel Ría do Masma, e percorreremos este camiño real recollendo os residuos, sobre todo plásticos, que xa temos localizados.
Que opina da gran acollida que ten a iniciativa?
A xente estase dando conta do que hai, que o culpable non é o mar, é o ser humano. Os últimos temporais demostrárono. O mar colle o que é seu, e devolve o que non é del. Nós solo somos os canalizadores dun traballo de moita xente. Agora en Facebook somos máis de 4.000, pero en nada estou convencido que pasaremos dos 20.000.



Fuente: http://elprogreso.galiciae.com

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio