lunes, 14 de abril de 2014

A Feira do Ferro de Riotorto bate récords na súa oitava edición ao recibir máis de 7.000 persoas


14/04/2014 - I.G.F. / El Progreso (Riotorto)

«Este ano foi tremenda a afluencia de público que tivemos na feira, xa que se achegaron, ao longo de todo o día, entre 7.000 e 8.000 persoas á localidade». Así de abraiado amosábase onte Ángel Villada, un dos organizadores da oitava edición da riotortense Feira do Ferro, que volveu ser un pulo de atracción turística e de entretemento para miles de galegos e asturianos. Despois deste «novo récord de visitas», o evento está «máis que consolidado», como ratificaron, tanto o alcalde nacionalista Federico Gutiérrez, como o vicepresidente primeiro da Deputación, Antonio Veiga, cuias entidades financian a cita.
Este pobo do interior da Mariña aproveita o oficio que o fai máis característico: o dos ferreiros. Nos anos 50 do século XX, había en torno a 35 forxas na localidade e de cada unha saían unhas 7.000 fouces, sobre todo para as ‘siegas’ de Castela. Hoxendía quedan dez artesáns do ferro en activo, e son capaces de dar resposta a un negocio que aínda ten demanda, porque o traballo que fan estes profesionais é de contrastada calidade, tanto cando deseñan un simpre cravo, como cando fabrican un coitelo de cortar xamón ou artigos de forxa decorativos.
PERSOEIROS
Á cita acudiron Gonzo e José María Besteiro
Á parte dos numerosos políticos galegos presentes na feira dos ferreiros, deixáronse ver tamén, nesta edición, persoeiros coñecidos a través da televisión, como é o caso do reporteiro Fernando González ‘Gonzo’ -que actualmente traballa co Gran Wyoming-, ou o produtor José María Besteiro, natural deste municipio, recoñecido pola súa participación en Terras de Miranda. El adoita dicir que Riotorto inspira a aldea de Santalla, na que se inspira a serie Libro de Familia que tamén coproduce.

Fuente: elprogreso

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio